O PSOE cree que na Axenda Urbana falta a construción dunha residencia pública

O PSOE cree que na Axenda Urbana falta a construción dunha residencia pública
Os socialistas van apoiar a Axenda Urbana

O PSOE estradense fixo valoración da documentación da Axenda Urbana. Indicaron que aparecen recollidas propostas formuladas polo PSOE e que o PP criticara hai uns días. Afirman que será imposible cumprir os 24 obxectivos estratéxicos marcados, pero comprenden que “a Axenda Urbana debe abarcar todo porque é un documento que esixe a Unión Europea para acceder a financiamento europeo”.

Os socialistas anunciaron que van apoiar a Axenda Urbana, pero botan en falta a construción dunha residencia pública porque actualmente só hai dispoñibles 2,7 prazas por cada 100 persoas maiores de 65 anos – a metade do recomendado pola Organización Mundial da Saúde (OMS) – e porque a demanda vai ir aumentando segundo vaian avanzando os anos. Tamén se queixaron de que se lle dea prioridade “a contar cun vehículo eléctrico, a creación do Gran Parque ou a aldea modelo da Grela”.

Tamén avisan de que “estaremos moi atentos a como se caba aplicando, todo depende de que prioridades estableza o goberno de turno. Estaremos atentos para fiscalizar que subvencións se solicitan, para que, e cales se deixan pasar”.

Comentarios

Deixar un comentario