O BNG instou ao PP que mellore a seguridade dos peóns na zona da Praza do Mercado. Xoán Reices, concelleiro da formación nacionalista, indicou que os veciños quéixanse de que falta un dos bolardos que separan a Rúa Waldo Álvarez Insúa da praza, facendo que os vehículos poidan entrar no espazo peonil.
“A maioría sabe que non pode pasar”, explica Reices, “mais sempre hai despistes que poden ter consecuencias fatais dada a proximidade do parque infantil situado na praza”
Xoán Reices, BNG da Estrada
O Bloque tamén instou ao Goberno municipal que se tapen as caixas dos dispositivos eléctricos das farolas próximas ao parque, xa que son “un perigo tamén para os máis pequenos, xa que as caixas sen tapa están xusto á altura da súa man”.
Por último, Reices lembrou que as medidas non teñen un gran custe e “sempre é mellor previr, que lamentar”.


Deixar un comentario