Terceiro microcorte de electricidade en 24 horas na Estrada

Terceiro microcorte de electricidade en 24 horas na Estrada

Coma se fose o día da marmota. Ás 22.53h deste xoves os estradenses sufrían un novo microcorte no servizo eléctrico. Este sumouse ao que se producira 24 horas antes (ás 23.00h do mércores) e ás 00.45h da madrugada.

A Agrupación de Voluntarios Paramá Santo André de Vea púxose en contacto con este medio para informar de que van pasar aviso para que revisen a liña.

Xa se produciran anteriormente

Ao longo da semana do 11 ao 17 deste mesmo mes, xa se rexistraran, alomenos, 4 interrupcións de pequena duración. Nese momento Naturgy, eléctrica encargada do servizo, anunciara que se investigaría que pasa se seguía habendo cortes.

Relacionado

Cabreo da cidadanía

Algúns estradenses xa mostraron a través de redes sociais o seu cabreo tras este novo microcorte. Unha usuaria preguntouse quen pagaría as perdas dos produtos do frigorífico en caso de que saltara o diferencial. Outra persoa chegou a comparar esta situación coa de países do terceiro mundo.

Tamén se queixaron pola falta de explicacións e porque traballos que requiren horas e só se poden realizar con electricidade estragáronse polo microcorte.

Comentarios

Deixar un comentario