A N-640 non é un tramo de concentración de accidentes, segundo o Ministerio

A N-640 non é un tramo de concentración de accidentes, segundo o Ministerio

O BNG criticou que, pese a que se produciron 8 accidentes desde 2019 – 6 deles no tramo urbano do concello -, a N-640 non é un Tramo de Concentración de Accidentes. Esta, comentan, foi a resposta do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana ás preguntas feitas polo deputado no Congreso Néstor Rego.

Desde o Ministerio indicaron á formaciónn que fan  “un seguimento continuo da sinistralidade nas estradas das súa titularidade” e, de ahí, realizan as actuacións necesarias, polo que a estrada non necesitaría ningunha actuación no concello. Para a formación isto demostra “a falta de sensibilidade e a irresponsabilidade dos partidos que forman parte do goberno estatal”.

” O cal lévanos á seguinte pregunta, cantos accidentes e cantos veciños e veciñas teñen que morrer atropelados para que o Ministerio tome medidas na N-640 ao seu paso polo noso concello?”

BNG da Estrada

A variante tampouco está nos plans do Goberno, pois aínda está pendente de licitar “a asistencia técnica para a redacción do proxecto que deberá ser sometido previamente á tramitación ambiental vixente”.

Por último, os nacionalistas anunciaron que non van deixar de lado esta infraestrutura “clave para o noso concello” e intentarán que se saque adiante nesta lexislatura.


Imaxe de portada:
A N-640 á altura do Concello, lugar no que se produciu o último accidente // Google Maps

Comentarios

Deixar un comentario