Naturgy localizou hoxe a orixe dos microcortes de luz que estivo sufrindo o concello ao longo do mes. Segundo informou o Concello da Estrada, o problema estaría nun transformador sito nas proximidades do antigo centro de saúde. Na mañá deste domingo procederáse a arranxalo.
Os microcortes producíranse na semana do 11 ao 17 deste mes en horario matutino e o 27 e 28 á noite.


Deixar un comentario