Entroido a finais de setembro, e por que non?

Pouco a pouco vaise convertendo nunha tradición. Poderiamos buscarlle algún xogo de palabras que nos indique que se celebra a finais de setembro, ou que vai sobre esa época estival do ano na que imos á praia, de viaxe… Pero tamén nos podemos quedar co seu nome, que é simple e conciso: Entroido de Verán. Si, de verán, porque só levamos unha semana desta nova estación e, co tempo que estamos a ter, non o parece.

Esta festividade que naceu impulsada polo clube de fútbol gaélico Irmandinhos celebrará este sábado a súa sexta edición. Festexaráse tanto ao mediodía como á noite. Os locais 20 Berzas, M-80, Tarará, O Candil, Enredo, Navegación, Paradero e A Riala puntuarán os disfraces dos asistentes e, ao final da noite, entregaránse os premios.

Comentarios

Deixar un comentario