O BNG criticou que o goberno local non busque axudas da Xunta para pagar o SAF pero sí para “conseguir máis dun millón de euros” para “cubir unhas pistas de atletismo cuxo uso disfrutarán un número moi limitado de veciños”. A formación di que o PP emprega a mesma táctica de sempre: “o estado de benestar é caro”.
Desde a formación pregúntanse “que vai facer o PP de López se xa agora as listas de agarda son numerosas?”, tendo en conta que o concello supera a media da provincia en maiores e en dependentes.
Dada a falta de relevo xeracional existente, esixen a municipalización do SAF para “garantir os dereitos das traballadoras e poder así asegurar uns coidados dignos dos nosos maiores e dependentes”.
“Trátase de prioridades e bo goberno, de pór os recursos ao servizo real da cidadanía. Non valen excusas baratas en grandes titulares e entrevistas. Póñanse a traballar”
BNG da Estrada
Barreiras metálicas substituíndo un bolardo
Esta semana o Bloque denunciou a falta de seguridade no entorno da Praza do Mercado e, para substituír un bolardo ausente, púxose unha valla. Esta medida, comentan, “da unha imaxe penosa pero forma parte xa tristemente do mobiliario urbano do pobo”, xa que hainas na contorna da Praza da Feira, na Farola e na meirande parte das rúas peonís.


Deixar un comentario