Por se vostede non se decatou, recórdolle que xa estamos en outono. E, pese a iso, as previsións indícannos que imos ter 14 días máis de sol e calor – exceptuando as lixeiras precipitacións que se poden producir entre as últimas horas do luns e as primeiras do martes.
Ás 15h deste sábado na Estrada o mercurio marcaba 32 graos e, mañá, pode chegar aos 33. Despois produciráse un descenso das temperaturas que acompañará ás precipitacións xa mencionadas. Pero despois regresará o sol e a calor, chegando a ter 30 graos de máxima o vindeiro venres.
Imaxe de portada:
Vista desde o Monte Xesteiras (Cuntis) hoxe // MeteoGalicia

Deixar un comentario