A web de PHDnoticias recibiu 5834 visitas en setembro de 2023. Un descenso considerable respecto ao mes anterior xustificado pola reducción da actividade de publicación.
A noticia máis lida foi a dun accidente en Santa Cristina de Vea, aínda que a temática predominante foi a dos microcortes que sufreu o concello.
Por países España continúa sendo o principal país desde o que se len as nosas novas, sumando lecturas doutros estados europeos, americanos e africanos.
En YouTube a nosa canle recibiu 141 reproduccións, coa meteoroloxía como temática predominante.

Deixar un comentario