A Praza da Feira foi o lugar escollido pola delegación de Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para a celebración do Día Mundial da Arquitectura.
No acto celebrado na praza, representantes colexiais, autoridades, colexiados e persoas interesadas coñeceron as obras de humanización levadas a cabo no espazo. Tamén se realizou unha visita guiada pola zona humanizada e descubriuse unha placa conmemorativa.
A obra de humanización da Praza da Feira e Rúa Ulla realizouse entre outubro de 2021 e xuño de 2022 e foi galardoada co premio ‘Gran de Area’ do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e coa ‘Distinción Ágora’ da Deputación de Pontevedra.



Deixar un comentario