Os trámites burocráticos para a nova sede xudicial da Estrada encaran a recta final. O pasado luns a xunta de goberno aprobou a licencia de obra e, este mércores, está previsto que se firme a acta de replantexo para o inmediato inicio das obras.
Este edificio unificará os dous xulgados, que actualmente están en dous edificios diferentes, e contará con dúas salas de vistas, rexistro civil, unha zona para os profesionais con despachos para avogados e procuradores, despacho para a fiscalía, zona exclusiva para o Imelga, aseos privados e públicos, decanato, zona independente para o xulgado de garda, zona de arquivos e instalacións ou zona de detidos. O edificio, de 1590 metros cadrados, estará organizado en torno a un gran patio central triangular.
Imaxe de portada:
Xulgado número 1 da Estrada// Google Maps


Deixar un comentario