O BNG anunciou que se absterá na votación da Axenda Urbana. Para eles a Axenda Urbana contén propostas – algunhas copiadas do programa do BNG -que “nunca se van a cumprir”. “Unha posta en escena, unha pose, desas que ao señor López se lle da tan ben, especialmente á hora de recolectar votos”.
A formación demanda que se priorice o saneamento, a seguridade vial ou a boa comunicación coa vila do rural.
A formación nacionalista aproveitou que A Estrada acolleu os actos do Día da Arquitectura para esixir ao Concello que se manteña en bo estado a Praza da Feira, xa que hai árbores secas e os partees están descoidados.


Deixar un comentario