O PSOE fíxolle saber ao goberno municipal a súa preocupación porque o concello non teña servizo de Policía Local da Estrada, cando o teñen “concellos máis pequenos que A Estrada, como Caldas de Reis e Tui”, o cal demostra a “decadencia que padece A Estrada”.
Para os socialistas, que se os concellos xa citados son capaces de ter o servizo, “na Estrada tamén debería ser posible. É cuestión de resolver os problemas en vez de crealos”.
Amais, para o líder do PSOE, o servizo policial nocturno podería axudar a recuperar poboación, xa que axudaría a reducir as taxas de delincuencia nocturna. Tamén considera que podería axudar a “controlar outros problemas como os xerados polo botellón como se facía hai anos”.

Deixar un comentario