Os Minicines acollerán este luns ás 17.00h a proxección de Onde máis doe. Esta será a terceira das sete proxeccións que se enmarcan dentro do Ciclo Mestre Mateo. As seguintes produccións serán O corpo aberto (luns 16), No somos nada (xoves 19), A Foreing Song (luns 23) e Unicorn Wars (venres 27).
Onde máis doe
Sinopse
Logo de ameazar durante anos a súa exparella, M.M. asasina a golpes de pa o seu fillo de once anos. Un ano despois, un xurado popular condénao por asasinato (matar facendo uso pleno das súas facultades) e determina que o crime contra o neno non buscaba outra cousa que castigar a nai.
No feito en que nos baseamos concorren a violencia, o acoso, o asasinato dun neno para danar a nai e a ameaza de morte que aínda pende sobre a muller. ‘Onde máis doe’ é unha película sobre a violencia de xénero que pretende estar nas antípodas do tratamento sensacionalista con que adoitan tratarse estes dramas.
Onde máis doe foi nomeado aos Mestre Mateo na categoría de mellor documental, dura unha hora e catro minutos e foi dirixido por Manane Rodríguez.



Deixar un comentario