Despois de semanas de calor anormais para a época do ano – en moitos lugares batéronse récords de temperatura – van volver as chuvias. Durante os vindeiros días manterémonos con máximas que van superar os 30 graos, pero o venres chegarán as chuvias e con elas un descenso brusco das máximas: pasaremos de 30 graos o xoves a 23 o venres. O sábado as temperaturas baixarán outros 3 graos. No relativo ás mínimas apenas haberá variacións.
Imaxe de portada:
Praza do Concello da Estrada o pasado venres // Rubén Rosende / PHDnoticias


Deixar un comentario