A Asociación Coto Manguelo (Orazo) programou para o 27 e 28 deste mes unhas Xornadas Micolóxicas. O venres 27, José María Traba, Presidente da Federación Galega de Micoloxía, impartirá un curso de dúas horas e media de duración. Este curso será útil para a saída ao monte que se realizará o sábado. Esta saída dará inicio ás 9.30h e estará impartida pola Asociación Estrada Micolóxica. É necesario levar comida para xantar. Para rematar, ás 21.00h levaráse a cabo no Restaurante O Cazador unha cea-degustación.
Para inscribirse hai que chamar ao 638482869 antes do sábado 21. O prezo de inscrición ao curso e á saída é de 5 euros para os socios e de 10 para os non socios. O prezo da cea é de 25 euros.

Deixar un comentario