Estes son os partidos que se xogan esta fin de semana

Estes son os partidos que se xogan esta fin de semana

3ª RFEF

Este domingo ás 17.30h o Estradense buscará os puntos que necesita na casa do Arosa. Actualmente o equipo estradense atópase en postos de descenso con dous puntos.

“Sabemos que será un partido moi desputado ante un bo rival, pero este equipo está adestrando a un bo nivel e ímolo afrontar con moitas ganas”

David Páez, adestrador do CD Estradense

1ª Galicia, grupo 2

O SP Estrada tamén necesita a vitoria – está 17º de grupo e non ten puntos – e buscaráa ante o Flavia S.D. O esférico comezará a rodar ás 17.30h do domingo

2ª Galicia, grupo 6

O Vea CF intentará manter o liderato ante o San Mamed. O partido dará inicio ás 16.30h do domingo. O segundo e terceiro clasificados do grupo, Cacheiras e CF Silleda, están a 1 punto do equipo estradense.

Á mesma hora o Berres xogará contra o CF Silleda. Actualmente o equipo está 11º con seis puntos.

Futsal

En 2ªB, este sábado ás 18.30h o Estrada Futsal enfrontaráse ao Stellae Fs. O Estrada Futsal atópase 15º, cun só punto.

En 1ª Autonómica o U.D. Estrada F.S. enfrontaráse o sábado ás 17.00h ao C.D. Composala. Actualmente o U.D. Estrada está cuarto con tres puntos.

Comentarios

Deixar un comentario