Ouro de Iziar Barcala en Oviedo

Ouro de Iziar Barcala en Oviedo

Iziar Barcala gañou o ouro do Top Master Nº1 sub 17 celebrado en Oviedo esta fin de semana. Este é o campionato de maior importancia despois do Campionato de España de bádminton e nel cítanse os 12 mellores do ránking español.

A xogadora do Clube Bádminton A Estrada venceu as súas dúas rivais da fase de grupos – Lucía Soto e Marina Díaz -, en semifinais derrotou en dous sets a Polina Prykhodko e, na final, impúxose 21-3, 21-11 a Laura Garijo.


Imaxe de portada:
Iziar Barcala co trofeo // Clube Bádminton A Estrada

Comentarios

Deixar un comentario