O 27 e 28 de outubro poderáse doar sangue na Estrada

O 27 e 28 de outubro poderáse doar sangue na Estrada

O autobús da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) estará na Estrada o venres 27 e sábado 28 de outubro. O venres estará en horario de 10.00h a 14.00h e de 16.00h a 21.00h. O sábado estará de 10.00h a 15.00h. Como é habitual, o autobús estará na Praza do Concello.

Lembre que para doar pola mañá debe almorzar primeiro e, se acude despois de xantar, ten que agardar dúas horas. Se é a primeira vez que vai a doar debe identificarse co DNI, pasaporte ou permiso de conducir e, se xa está rexistrado na Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), só terá que mostrar o carné de doante.

Comentarios

Deixar un comentario