Entre as xornadas do martes e do mércores a borrasca Babet deixou máis de 50l/m2 no concello, 38 deles o martes. Agora chega o turno de Aline, unha borrasca que se está formando nas costas portuguesas, e que xa está deixando importantes precipitados: ás 19h do mércores – último dato horario que temos da AEMET – caeron 9,2l/m2 nunha hora.
Na xornada deste xoves estará activo o aviso amarelo por acumulacións de ata 60l/m2 en 12 horas ata ás 17h. Ao longo da madrugada é cando se poden rexistrar os maiores chaparróns, pero durante a mañá haberá previsións de tormentas. Chegada a tarde, as precipitacións irán remitindo e, á noite, volverán as precipitacións.
Imaxe de portada:
Figueiroa, este martes // Rubén Rosende / PHDnoticias

Deixar un comentario