O PSOE critica que non se solicitaran as axudas do Plan de Recuperación

O PSOE critica que non se solicitaran as axudas do Plan de Recuperación

O pasado 6 de outubro rematou o prazo para presentar solicitudes para o Plan de Recuperación para a construción de vivendas de arrendamento social, co que se poderían chegar a financiar 50.000€ da construción de cada vivenda con fondos europeos. O líder do PSOE na Estrada, Luis López Bueno, criticou que o Concello non o solicitara.

Para López Bueno a Xunta tamén “cometeu un erro gravísimo”, xa que “os fondos europeos dividíronse nunha liña para construción de vivenda nova e noutra de rehabilitación á que só podían concorrer municipios de menos de 20.000 habitantes”, polo que considera que desde o Goberno autonómico non entenden “os problemas que padecemos os concellos de mediano tamaño”.

Na Estrada, comentan, existen “longas listas de espera para arrendar” cando as vivendas dispoñibles son “insuficientes” e consideran que é necesario “incluír no mercado do aluguer parte das máis de 2500 vivendas desocupadas”, dado que a rehabilitación é máis barata que a nova construción.

Relacionado

Para o socialista, “o PP non entende o problema inmobiliario que ten A Estrada, non comprende como resolver a crise demográfica e tampouco ten capacidade de traballo para poder presentar un proxecto coma este por moito que o anunciaran no 2022”, e opina que o PP non aproveitou unha oportunidade de “aliviar a presión sobre o mercado de aluguer da Estrada”.


Imaxe de portada:
Vivendas da Estrada // Rubén Rosende / PHDnoticias

Comentarios

Deixar un comentario