Esta fin de semana Arnois celebrará as Festas de Santa Paterna. Os actos comezarás o sábado ás 13.30h coa misa cantada na honra de San Roque. Posteriormente, a orquesta Miramar amenizará a sesión vermú. Esta orquesta xunto con La Ocaband amenizarán a verbena.
O domingo oficiaráse unha misa cantada na honra de Santa Paterna ás 13.30h. A Banda Municipal de Silleda e a Banda de Música Santa Cruz de Ribadulla darán un concerto e porán a música na verbena.


Deixar un comentario