O sindicato estudiantil convocou unha folga para o vindeiro xoves 26 en solidariedade co pobo palestino. Esta convocatoria vése motivada porque “o pobo de Palestina leva décadas sendo perseguido, atacado e masacrado polo Estado fascista, colonialista e sionista de Israel” e, este último, lanzou “unha ofensiva militar que conta co apoio de EEUU, a Unión Europea e o Goberno español”.
Para eles, os Estados occidentais están permitindo “unha salvaxe ocupación militar e as violacións sistemáticas dos dereitos humanos de millóns de palestinos e palestinas”.
Na Estrada non está prevista ningunha manifestación. En Galicia si que se van a producir no Obelisco da Coruña e no Edificio Xunta de Ferrol ás 12.00h.
Lembremos que Israel e Palestina levan en guerra desde o pasado sábado 7, cando o grupo terrorista Hamás lanzou un ataque ao Estado hebreo, en pleno día festivo para os xudíos. Israel respondeu cun ataque masivo e está preparado para realizar unha invasión inminente na Franxa de Gaza, mentras impide que chegue unha gran cantidade de suministros básicos aos gazatíes. Amais, tamén realizou ataques contra o Líbano e Siria.


Deixar un comentario