As clases estánse vendo afectadas pola folga de profesores

As clases estánse vendo afectadas pola folga de profesores

Caos é a palabra que pode definir o que se está vivindo na xornada deste martes nos centros educativos. A folga de mestres que foi convocada para esta xornada está afectando á actividade lectiva habitual. En varios centros estánse atopando con problemas á hora de realizar as gardas debido ao elevado número de mestres ausentes.

Segundo fontes de CIG-Ensino, un dos seis sindicatos convocantes, a participación en toda Galicia sería dun 60% do profesorado de centros públicos, maioritariamente de centros de secundaria, FP e educación de réxime especial.

Manifestación en Santiago de Compostela // CIG-Ensino

Nun comunicado conxunto de CIG-Ensino, STEG e CSIF-Ensino reclamouse que se reduzan as horas lectivas dos mestres a 18 en Educación Infantil e Primaria e a 21 a partir de Educación Secundaria, que se reduzan as ratios en todos os cursos de 25 alumnos a 20 – o vindeiro curso só se vai a aplicar en 4º de Educación Infantil -, que se realice un aumento das horas de liberación para cargos directivos, de coordinación e titoría e un aumento de persoal administrativo e que se realice o reparto lineal da masa salarial comprometida pola Consellería de Educación entre todo o profesorado. Por último, avisaron: se a Consellería non se compromete a atender as demandas, volverá a haber folgas.

Xoves hai folga de estudantes

Por un asunto ben distinto, o Sindicato de Estudantes convocou unha folga xeral dos estudantes para este xoves. O motivo da convocatoria é mostrar apoio ao pobo palestino. Para máis información, consulte a noticia que atopará debaixo destas liñas.


Imaxe de portada:
Imaxe de arquivo do IES Manuel García Barros // Rubén Rosende / PHDnoticias

Comentarios

Deixar un comentario