Aixa Bernárdez e Adrián Gañete proclamáronse campións galegos
Esta fin de semana os bailaríns de SondoDance participaron no Trofeo do Cristo de Porriño e no Campionato Galego de 10 bailes, celebrados no Porriño. Comezando polo Campionato Galego, o máis destacado foi o ouro conseguido por Aixa Bernárdez e Adrián Gañete na categoría Junior II. Nesa mesma categoría, Alba Falcón e Manuel Barreiro colgáronse o bronce.
Na categoría Junior I, Noa Romero e Manuel Matalobos proclamáronse subcampións de Galicia e, en categoría Youth, Lara Pasarín e Darvin Villar colgáronse o bronce. Tamén é destacable o cuarto posto de Antía Fuentes e Andrés Díaz na última categoría.
No Trofeo do Cristo do Porriño, Ainoha Fuentes e Antía Garrido conseguiron a prata en Dúo Danza Coreográfica. En Junior I – 1º Territorial, que incluía bailes standard e latinos, Noa Romero e Manuel Matalobos colgaron o ouro, igual que Aixa Bernárdez e Adrián Gañete en Junior II B Standard. Nesa categoría, Alba Falcón e Manuel Barreiro quedaron terceiros.
Na categoría Youth B Standard, Antía Fuentes e Andrés Díaz colgáronse a prata; en Junior II C+B Latinos, Aixa Bernárdez e Adrián Gañete quedaron terceiros e Alba Falcón e Manuel Barreiro, cuartos. Por último, na categoría Youth C+B+A Latinos, as parellas conformadas por Antía Fuentes e Andrés Díaz e Lara Pasarín e Darvin Villar ocuparon o cuarto e quinto posto da clasificación, respectivamente.
Imaxe de portada:
Bailaríns de SondoDance no Porriño // SondoDance


Deixar un comentario