Para o socialista existen alternativas á suba do 25% do IBI
Luis López Bueno, líder do PSOE da Estrada, cree que o PP quere que as familias carguen coa súa “barra libre de despilfarro” e a “escandalosa xestión que fixeron dos cartos públicos”, entre o que se incluirían as “pantallas para os leiraparkings (131.000 euros), prazas de terra que son un barrizal (1 millón de euros), baños intelixentísimos (71.000 euros), coche oficial eléctrico (10.000 euros) ou mobiliario urbano novo para substituír a outro que estaba perfectamente (case 300.000 euros)”.
Para o socialista os culpables son José López e Alberto Blanco, xa que non se terían preocupado “da xestión dos recursos” e non fixeron caso á oposición. Amais, non terían feito unha previsión económica.
“Cando gobernas podes facer todas as inversións estúpidas que se che ocorran, pero hai que ter unha previsión económica e o PP non a fixo”.
Luis López Bueno, líder do PSOE da Estrada
López Bueno considera que “mentiu” durante a campaña electoral sobre a situación económica do Concello. Segundo el, “puxeron o concello a servizo do PP da Estrada” e actuaron de forma “irresponsable” cos cartos dos estradenses.
O líder dos socialistas cree que como máximo o Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) só debería subirse como máximo un 12,5%, e non o 25% que vai subir o goberno local. Non se debería subir, segundo conta, pola “barra libre de despilfarro”, porque “hai uns meses aumentaches as dedicacións e os cargos de confianza en 125.000 euros para o mandato”, porque apenas se recadan cartos polo crecemento do concello (O Porriño ingresa 1 millón de euros de IAE fronte aos 200.000 euros estradenses) e porque, segundo os socialistas, existen alternativas para sufragar os gastos.
Unha das alternativas que plantexan os socialistas é implantar o recargo ás vivendas desocupadas, pero “o PP non quere molestar aos propietarios de vivendas desocupadas”. Segundo os seus cálculos, implantando o recargo mínimo xa se podería cubrir o 50% do ascenso do IBI.
Imaxe de portada:
Reunión do equipo económico do PSOE estradense // PSdeG-PSOE da Estrada

Deixar un comentario