A AE League volverá do 3 ao 7 de xaneiro

A AE League volverá do 3 ao 7 de xaneiro

Poderán competir persoas que teñan entre 10 e 25 anos.

A Asociación Xuvenil e Deportiva AE League organiza do 3 ao 7 de xaneiro de 2024 unha edición junior e unha copa de inverno. As preinscricións están abertas e pódense facer desde a web da asociación.

Na AE League Junior poden participar os rapaces nados entre o 2009 e o 2013 e, na AE League Winter Cup, todos os que teñan entre 15 e 25 anos. Na AE League Junior poden participar un máximo de 16 equipos e, na Winter Cup, un máximo de 12.

En ambas competicións realizaráse unha fase de grupos e, a posteriori, unha eliminatoria. Na competición infantil os partidos terán unha duración de 30 minutos divididos en dúas partes e, na Winter Cup, serán de 40 minutos.


Imaxe de portada:
Partido da primeira edición da AE League // PHDnoticias

Comentarios

Deixar un comentario