Activados na Estrada tres avisos, un deles laranxa, para este xoves

Activados na Estrada tres avisos, un deles laranxa, para este xoves

Na xornada deste mércores unha borrasca estános deixando importantes precipitacións. Desde as 16.00h está activo un aviso amarelo por acumulados que poden chegar aos 60l/m2 en 12 horas.

Na xornada de mañá a situación irá a peor e activaráse desde medianoite ata ás 17.59h un aviso laranxa por chuvias, xa que se poderán acumular ata 80l/m2 en 12 horas. De 05.00 a 07.59h tamén estará activo un aviso amarelo polo que pode chegar a chover nunha hora: ata 15l/m2. Amais, desde as 02.00 ás 07.59h tamén estará activo un aviso por vento, con refachos que poden alcanzar os 70km/h.

Comentarios

Deixar un comentario