Sabucedo celebra este sábado MUSA

Sabucedo celebrará este sábado MUSA, un evento anual no que se celebra unha muiñada, o magosto e o samaín.

Os actos comezarán ás 09.45h cunha andaina comentada da Ruta de Sabucedo, e na que se recollerán castañas e cogomelos. Ás 12.00h abriráse o Mercadiño de Proximidade e produtos con indicativo de calidade de Galicia. Media hora despois dará inicio o concurso infantil Coñecendo o meu pobo e, ás 12.40, haberá obradoiros de pan e filloas.

Ás 13.00h celebraráse a charla-coloquio Terra de Montes, Terra de Músicas, impartida polo músico Rubén Troitiño. Ás 13.30h actuará o grupo Airiños de Caldelas e, unha hora máis tarde, dará inicio o xantar. Ás 16.00h será a sobremesa musical Sabucedo tamén canta e, ás 16.30h, a mestra de Lingua Galega Clara Iglesias impartirá a charla A microtoponimia de Sabucedo. Ás 16.45h os nenos “de ata 95 anos” terán un obradoiro de Samaín.

Ás 16.50h proxectaráse a curta A Rapa das Bestas, de Jaione Camborda, gañadora da Cuncha de Ouro do Festival Internacional de San Sebastián 2023, e, á mesma hora, dará inicio outro obradoiro de pan e filloas.

Ás 17.00h entregaránse os premios do concurso celebrado pola mañá e, unha hora despois, dará inicio a mostra-degustación Do muíño á mesa, os segredos dunha boa masa, con Dani Pampín, galardoado co premio a Mellor Panadeiro Artesanal de España en 2018. Ás 18.30h haberá unha cata-maridaxe de viños da Ribeira do Ulla co etnólogo Carlos Blanco.

Ás 20.00h sairá a procesión da Santa Compaña e, a posteriori, leránse os responso adicados aos mortos en vida, mentras se realiza a queimada purificadora no curro vello. Ás 21.00h dará inicio o magosto a carón do Teleclube e, media hora máis tarde, será o monólogo de Cándido Pazó Aqueles Velorios. Ás 23.30h actuará Somoza Trío.

Comentarios

Deixar un comentario