Nos últimos catro días acumuláronse preto de 250mm
As intensas precipitacións, unidas aos fortes refachos de vento, están deixando un regueiro de incidencias no concello. Na xornada do venres, efectivos de Emerxencias A Estrada tiveron que retirar unha árbore en Santa Cristina de Vea e, na de onte, retiran árbores en Figueiroa de Arriba, Paradela, Ribeira, Arnois, San Miguel de Castro, Baloira, Olives, Callobre e Barbude e atenderon incidencias por pedras e balsas de auga nas estradas EP-7004 e PO-841.
A Estrada acumulou nos últimos catro días 245,4mm. O día que máis choveu foi onte, con 80mm acumulados e, o que menos, o xoves, con 48.
Segundo MeteoGalicia, ata o vindeiro mércores pódense acumular 100mm máis. Xusto será o mércores cando volvan a empeorar as condicións meteorolóxicas, con precipitacións que poden ser intensas e fortes refachos de vento.

Deixar un comentario