Activado para este mércores un aviso laranxa polo paso de Ciarán

Activado para este mércores un aviso laranxa polo paso de Ciarán

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) activou varios avisos no interior da provincia de Pontevedra – zona á que pertence A Estrada – polo paso da borrasca Ciarán. A partir das 21.00h de hoxe martes e ata ás 6.00h de mañá mércores a zona estará en aviso amarelo por choiva acumulada nunha hora, xa que poderían precipitar 15mm nese espazo de tempo. Amais, en cuestión de catro ou cinco horas poderían rexistrarse ata 40mm.

Mañá mércores activaránse dous avisos: o primeiro, por vento, activaráse ás 16.00h e será laranxa, xa que os refachos poden alcanzar os 90km/h. A partir de medianoite será amarelo, xa que os refachos poderán alcanzar os 70km/h. Tamén desde mediodía estará activo un aviso amarelo por choiva en 12h, con acumulados de ata 40mm. Ambos avisos desactivaránse ás 12.00h do xoves.

Comentarios

Deixar un comentario