Os Parladoiros regresan ao Teatro Principal e, o seu primeiro convidado, será Quico Cadaval, actor, director, adaptador teatral e narrador nado en Ribeira en 1960. Dito regreso será o vindeiro xoves ás 20.30h no Teatro Principal. As entradas pódense recoller no Departamento de Cultura do Concello da Estrada.
Quico Cadaval
Como xa se citou nas primeiras liñas desta nova, Cadaval é un actor, director, adaptador teatral e narrador galego. Algunhas obras que se poden destacar e que tiveran aportación del son O Códice Clandestino (1989), O rouxiñol de Bretaña (1991), Días sen gloria (1993), O Espantoso (2002), que recibiu o premio María Casares ao mellor texto teatral do ano, Noite de Reis (2008) e Ópera dos tres reàs (2011).
Cadaval tamén participou en diferentes producións da TVG e foi mestre de interpretación no Operación Triunfo portugués no ano 2003.
Imaxe de portada:
Quico Cadaval // Concello da Estrada


Deixar un comentario