A Estrada foi o segundo concello de Galicia que máis incidencias rexistou desde o mércores ata ás 18h deste xoves (39), só por detrás de Vigo (49). Entre as incidencias atopamos caída de cables en San Xurxo de Vea e anegamentos nas rúas da Cultura e Leicures.
Tamén se tiveron que cortar 46 árbores: 7 en Ribela, 3 en Barbude, Callobre, Codeseda, Santeles e Vinseiro; 2 na Estrada, Baloira, Cora, Remesar e Ribeira; e unha en Agar, Berres, Cereixo, Lamas, Matalobos, Ouzande, Orazo, Pardemarín, Rubín, Santa Cristina de Vea, San Pedro de Ancorados, Souto, Xirimbao e Ponte Ulla.
A Estrada rexistrou 71,6mm na xornada do mércores, 53,6 deles nas últimas 6 horas do día.
Este venres teremos precipitacións ao longo de todo o día, que se tornarán intensas coa chegada da noite, xa que entrará a borrasca Domingos. Desde ás 20h activaráse un aviso amarelo por choiva en 12h, con acumulados que poden alcanzar os 40mm.
O sábado tamén se activará un aviso amarelo por refachos de vento de ata 70km/h, que durará todo o día. Ás 12h desactivaráse o aviso por choiva.
Imaxe de portada:
Árbore caída // Emerxencias A Estrada


Deixar un comentario