Efectivos de Emerxencias A Estrada tiveron que atender 4 anegamentos na Estrada polas intensas chuvias que nos está deixando Ciarán. As intervencións foron na Rúa da Cultura, na Rúa do Concello de Caracas, na Rúa do Moble e na Rúa Leicures.
Tamén tiveron que acudir a un accidente múltiple en Couso e tiveron que cortar árbores na PO-841, na EP-7017 á altura de Cereixo e na N-640 á altura de Callobre.
Durante as próximas horas continuarán rexistrándose precipitacións que poden ser de carácter intenso e, ata mediodía, estarán activos avisos amarelos por choivas en 12 horas e refachos de vento. Desde Emerxencias A Estrada rogan moita precaución.
Imaxe de portada:
Anegamento na Rúa da Cultura // Captura de pantalla / Emerxencias A Estrada


Deixar un comentario