Un camión de transporte de vehículos quedou atascado cando xiraba no cruce da N-640 coa rúa que vai cara a rotonda do IES Manuel García Barros. O camión ascendeu por esta vía e, segundo citaron testigos a este medio, o remolque quedou atascado ao xirar xa que tería batido co asfalto. Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Local para regular o tráfico.
Imaxe de portada:
Zona na que quedou atascado o camión // Google Maps.


Deixar un comentario