Aviso laranxa por choiva e vento na Estrada

Aviso laranxa por choiva e vento na Estrada

A borrasca Domingos comezará a deixar os seus primeiros efectos a partir da tarde-noite deste venres. Esta borrasca virá acompañada de importantes precipitacións e refachos de vento, por iso a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) activou varios avisos no interior da provincia de Pontevedra – zona á que pertence A Estrada.

Este aviso actívase ás 20h deste venres en nivel amarelo, por acumulados que poden chegar aos 40mm. A medianoite pasará a ser laranxa, xa que a suma podería alcanzar os 100mm en 12 horas. Desactivaráse ás 18.00h, pero volveráse a activar durante toda a xornada do domingo en nivel amarelo (40mm en 12h).

Desde ás 00.00h do sábado ata ás 8.00h tamén estará activo un aviso amarelo por acumulados nunha hora, dado que nese periodo de tempo poderían caer ata 15mm.

Este sábado estará activo un aviso amarelo por refachos de vento de ata 70km/h desde ás 00.00h ata ás 10.00h e desde ás 18.00 ata o final do día. Desde ás 10.00h ata 18.00h será laranxa, por refachos máximos de 100km/h.

Comentarios

Deixar un comentario