A Estrada rexistra 80mm en 8 horas

A Estrada rexistra 80mm en 8 horas

A borrasca Domingos está deixando a súa pegada en toda Galicia. Na Estrada deixou 83mm só nas primeiras 8 horas do día, 102 se contamos todo o que choveu desde ás 18.00h de onte. Tamén estamos tendo fortes refachos de vento.

GRÁFICA| Choiva por tramos horarios na Estrada (pulse para despregar)

GRÁFICA| Choiva por días na Estrada (pulse para despregar)

Lembremos que A Estrada atópase en aviso laranxa por chuvia e vento, ante a posibilidade de que se acumulen 100mm en 12 horas e os refachos alcancen os 100km/h.

O 112 rexistrou desde ás 18.00h de onte ata ás 8.00 de hoxe un total de 4 avisos na bisbarra por incidencias na circulación. Desde Emerxencias A Estrada indicaron que estánse producindo múltiples incidencias.

Ante o vento intenso desde o 112 recomendan retirar obxectos que poidan caer á rúa desde os edificios, camiñar preto das fachadas pero afastados de edificios ruinosos, andamios, árbores ou paneis publicitarios e evitar os desprazamentos por estrada. No relacionado coas precipitacións, lembran que se poden producir balsas de auga, desprendementos, inundacións en vías, baixos, garaxes e vivendas e o caudal dos ríos aumenta, polo que recomendan afastarse destes, evitar circular por vías secundarias, afastarse dos cursos dos ríos e vales e aumentar a distancia co vehículo precedente.


Ao longo do día continuaremos ofrecendo máis información
Imaxe de portada:
Unha das incidencias que tivo que atender Emerxencias por árbores caídas // Captura de pantalla / Emerxencias A Estrada

Comentarios

Deixar un comentario