Un home faleceu tras ser atropelado na N-525 á altura de Loimil. A propia condutora foi quen avisou ao 112 do sinistro, que sucedeu sobre ás 21.15h deste sábado. Ata o lugar desprazáronse axentes da Garda Civil de Tráfico, 061 e mantemento de estradas. Os sanitarios non puideron facer nada por salvar a vida do atropelado.

Deixar un comentario