O paso da borrasca Domingos deixou múltiples incidencias, principalmente provocadas polos fortes refachos de vento ou polas intensas chuvias – acumuláronse 71mm en seis horas.
En Cereixo, efectivos de Emerxencias tiveron que atender un anegamento nunha vivenda. En Ouzande, o Regato Pinguela desbordou anegando unha vía de pouco tránsito e, en Couso, o Río Vea tamén botou fóra, anegando as parcelas da ribeira. O Río Umia estivo a piques de anegar un vial en Ribela.

Amais, moitas cunetas foron incapaces de facer fronte á gran cantidade de auga que ía por elas e, en moitos casos, desbordaron.
No relacionado co vento, Emerxencias tivo que cortar 18 árbores: 6 deles en Ribela, 5 en Santeles, dúas en Pardemarín e Cereixo, e unha en Berres, Baloira e Matalobos. Tamén tiveron que atender incidencias por planchas soltas nas rúas Ponteareas e Pérez Viondi e por unha antena solta en Justo Martínez.
Os fortes refachos tamén tiraron o cartel de entrada á Feira do Moble, sito detrás do Pavillón Manuel Coto Ferreiro.

Na xornada deste domingo estará activo un aviso amarelo por chuvia en 12 horas ata ás 22.00h por acumulados de ata 50mm nese periodo de tempo.
Imaxe de portada:
Pista anegada en Ouzande tras desbordarse o Regato Pinguela // Rubén Rosende / PHDnoticias


Deixar un comentario