Casal de Creación acolle este sábado unha exposición de Acontravento

Casal de Creación acolle este sábado unha exposición de Acontravento

A tenda-obradoiro de Casal de Creación acollerá este sábado en horario de 11.00 a 14.00h a exposición Acontravento: do téxtil ao papel, do papel ao marco. Os asistentes á mostra poderán ver deseños creados pola marca de roupa galega Acontravento e que foron enmarcados por Casal de Creación, ademais de poder visualizalos en camisolas, cuncas ou crachás. Algúns dos deseños expostos pertencen a Pruden TT, tatuador e ilustrador, nos que se homenaxea a Castelao.

Na exposición estará Macua, fundador de Acontravento, para contar a historia da marca. Os asistentes poderán mercar algúns dos elementos expostos.


Imaxe de portada:
Unha das obras que se van expoñer // Casal de Creación

Comentarios

Deixar un comentario