José López Campos, alcalde da Estrada, Ánxeles Vázquez, Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e Agustín Reguera, delegado territorial da Xunta de Galicia, mantiveron este martes un encontro no que anunciaron que se vai a duplicar a superficie do polígono de Toedo, extendéndoa así ata os 162.000 metros cadrados.
A conselleira anunciou que a Xunta achegará unha partda de 400.000 euros en 2024 para a redacción do PEOSE e dos proxectos de urbanización e de expropiación necesarios.
López Campos asegurou que esta ampliación “suporá gañar unha gran capacidade á hora de atraer a novos proxectos á Estrada, fortalecendo o tecido empresarial ao consolidarse como un punto atractivo para o asentamento de empresas”
Imaxe de portada:
Ánxeles Vázques e José López Campos, este martes // Concello da Estrada

Deixar un comentario