Douscentos porcos mortos no incendio dunha granxa

Un incendio nunha nave dunha graxa porcina de Callobre deixa douscentos porcos mortos. O incendio orixinouse, posiblemente, nunhas labores de soldado que acometeran os traballadores da instalación. José Tato, propietario da explotación, cre que o lume prendeu nun plástico, os traballadores apagárono e, máis tarde, o lume reactivouse e espallouse ata o teito da nave, que é inflamable.

Na nave, segundo estimacións de José Tato, había 250 porcas, 200 delas preñadas, e machos de recreo. No incendio terían morto o 80% dos animais e, o resto, presentan queimaduras e resultaron intoxicados por inhalación de fume.

Ata o lugar desprazáronse efectivos de Emerxencias A Estrada, Bombeiros de Silleda, Garda Civil e Policía Local.

Comentarios

Deixar un comentario