Unha muller tivo que ser trasladada ao hospital tras resultar ferida nun choque na rotonda que dá acceso ao IES Manuel García Barros. O sinistro produciuse sobre ás 22.15h deste mércores despois de que bateran dous vehículos mentras un deles se incorporaba á rotonda. Ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico de Lalín, do 061 e da Agrupación de Voluntarios de Paramá Santo Andrés de Vea.

Imaxe de portada:
Un dos vehículos implicados // Agrupación de Voluntarios de Paramá Santo Andrés de Vea

Deixar un comentario