López Bueno asegura que hai empresas “que tiñan a intención de vir” e xa non o van facer

López Bueno asegura que hai empresas “que tiñan a intención de vir” e xa non o van facer

Luis López Bueno, líder do PSOE da Estrada, fixo balance do anuncio da ampliación do polígono de Toedo. El considera a ampliación como “insuficiente” porque a área urbanizable “quedará en 80.000 ou 90.000” metros urbanizables “como moito”, tras a redacción do proxecto de urbanización.

Tamén recordou que “o orzamento da Xunta para 2023 xa prevía 250.000 euros para este proxecto” e mostrou a súa sorpresa porque o alcalde “non lle preguntara á Conselleira (Ánxeles Vázquez) por que non se gastou un só euro desa partida”, e recomendoulle prudencia porque “será un bo día para A Estrada cando existan realidades, de momento só temos un alcalde servil coa Xunta e unha Conselleira incumpridora”.

O socialista considera que a visita da Conselleira Ánxeles Vázquez forma parte da “precampaña do PP”e comenta que lles consta da decisión dalgunhas empresas “que tiñan intención de vir para A Estrada e que non o van facer” e apuntou a que “xa se irán sabendo”. Isto, para López Bueno, é consecuencia do goberno do PP, que non fixo “política industrial e agora imos ter que pagar as consecuencias”.

O socialista tamén se fixou en que o PP non demandara “financiamento para as melloras necesarias no polígono actual” á Xunta. Amais, insistiu na proposta de contar con Zona Franca de Vigo, Suelo Empresarial del Atlántico e Sepes oara “levar unha ampliación ambiciosa” para poder “xogar na mesma liga” que concellos da contorna, que contan con máis metros cadrados de polígono e nos que se duplica a extensión que se vai ampliar.


Imaxe de portada:
Encontro entre José López e Ánxeles Vázquez este martes // Concello da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario