Xoán Reices, portavoz do BNG da Estrada, alertou das consecuencias que está tendo a suba do IBI: a suba dos alugueiros de residencias e locais comerciais. Segundo o nacionalista, isto levará a que se perda máis poboación e esta remate baixando da barreira dos 20.000 habitantes, o cal repercutirá nos ingresos do concello e aos fondos aos que pode optar.
Como informamos este martes neste medio, segundo os datos de referencia que publica o IGE, A Estrada xa tería baixado dos 20.000 habitantes, situándose en 19.916 habitantes.
Imaxe de portada:
Vivendas da Estrada // Arquivo PHDnoticias / Rubén Rosende


Deixar un comentario