O Concello ten aberto desde o pasado martes o prazo para que as empresas presenten as súas propostas para a peatonalización da Farola. O prazo remata o mércores 29.
O proxecto porá o punto e final á peatonalización do centro da Estrada, creándose así un espazo polo que non poderán circular vehículos desde a Porta do Sol ata A Farola. O custo previsto é de 30.000 euros máis IVE, quedando o total en 36.300 euros. As obras durarán un máximo de tres meses desde que se firme o contrato.
Desde o Concello indican que é un “fito histórico” porque dita praza é o lugar onde se asentaron as primeiras vivendas que deron lugar a esta vila. Tamén comentan que “se preservará a súa esencia a través dun elemento que represente unha farola e coa que todas e todos os estradenses poidan sentirse representados”.
Imaxe de portada:
A Farola // Arquivo PHDnoticias

Deixar un comentario