Compañeiras, o calendario de Rosa de Cabanas para este 2024

Rosa de Cabanas puxo á venda un calendario para este 2024. Este calendario conta con 12 ilustracións – unha por cada mes – que foron feitas ao longo deste ano e que pertencen á súa colección Compañeiras. Este toma o relevo do calendario Mulleres imaxinadas desde presente ano.

O seu prezo é de 20 euros e pódese adquirir contactando coa autora ou mercándoo nos diferentes puntos de venda: na Estrada son Marxe Libraría, Copistaría Copistrada, Dona Formiguiña e Carlín; en Santiago de Compostela, Ela Diz e Libraría Lila de Lilith; en Silleda, Mamasunción; e en Pontevedra, Libraría Paz.

Comentarios

Deixar un comentario