Na xornada deste luns, Luis López, Presidente da Deputación de Pontevedra, e José López Campos, alcalde da Estrada, firmaron un convenio de colaboración mediante o cal a Deputación aportará 1 millón de euros á construción dun novo módulo polideportivo. Esta achega por parte do goberno provincial suporá o 50% do orzamento.
O módulo estará destinado á práctica de atletismo e modalidades de loita, que actualmente practícanse no Pavillón Manuel Coto Ferreiro e no Recinto Feiral. Amais, esta obra súmase á das pistas de atletismo. Desde o Concello indican que, deste xeito, reafirman a súa aposta polo deporte.
Imaxe de portada:
Luis López e José López na firma do convenio // Luis López / Redes sociais


Deixar un comentario