A Policía Local localizou e identificou a unha muller por derrubar un dos semáforos sitos na entrada da Avenida de Ponteareas e darse á fuga. Os feitos sucederon pasadas as 6 da mañá do sábado, pero non foi ata ás 8 cando os axentes atopáronse co semáforo tirado na beirarrúa.
Mediante as pesquisas realizadas conseguiron localizar á condutora, que terá que responder polos danos causados e pola actitude incívica ao marchar.

Deixar un comentario