Lomos de burro para evitar accidentes

Lomos de burro para evitar accidentes

O PSOE pide un informe de seguridade na PO-841

Na xornada de onte instalouse un lomo de burro na Rúa San Paio, a poucos metros da curva da gasolineira Repsol. Esta medida, que foi acompañada dunha redución da velocidade máxima a 30km/h, realízase para intentar reducir a alta siniestralidade dese tramo da rúa, que é de titularidade autonómica.

Esta medida lévase a cabo despois de que as anteriores – eliminación do pulido do asfalto e instalación de semáforos no cruce con Gradín – non tiveran efecto.

O PSOE pide un informe de seguridade

O PSOE solicitoulle ao Concello que a Axencia Galega de Infraestruturas realice un informe sobre a seguridade viaria na PO-841 no que se lle preste atención á situación do firme antideslizante do casco urbano, ao carril de incorporación ao polígono de Toedo, á situación do firme en Baloira, nos cruces co centro de saúde do Souto de Vea (San Xurxo de Vea) e coa EP-7007 (Couso), aos carrís de saída cara os lugares de Barco, O Castro e Igrexa (Couso), ás medidas de calmado do tráfico no km 13 – onde hai unha parada de autobús escolar nas dúas marxes da estrada – e á liña discontinua que hai despois da ponte de Pontevea para permitir a saída de vehículos do lugar de Barco.


Imaxe de portada:

Lomo de burro colocado na Rúa San Paio // PSOE A Estrada

Comentarios

Deixar un comentario